Máster Oficial en Dirección de PYMES
Prácticas garantizadas
Universidad de Vigo (logo)

EMPREGOinCAMPUS

EMPREGOinCAMPUS

28/Feb/2023

Preparándote para dar o salto e incorporarte ao mundo laboral?

Rexístrate en EMPREGOinCAMPUS e ven a coñecer (e presentar a túa candidatura!) a algunha das máis de 100 entidades de moi diversos sectores que están desexando coñecerte para incorporarte nos seus equipso de traballo

CANDO E ONDE? 
Podes participar en calqueira das feiras:
16 marzo (Fac. CC Económicas e Empresariais, campus Vigo)
22 marzo (Pavillón de Deportes, campus Ourense)
Horario: 10:00-19:00

QUE PODES OBTER ASISTINDO A EMPREGOinCAMPUS? 
•    Visita as casetas
•    Fala cos/as recrutadores/as
•    Participa nas actividades complementarias durante a feira
•    Asiste aos obradoiros dos días previos para mellorar a túa candidatura e preparar o teu CV, videocurriculum ou carta (mais info AQUI)
•    Visita o espazo do “Pasaporte de Emprego” durante a feira e recibe asesoramento sobre o teu CV e carta de presentación 
•    Sácate unha foto de calidade da man dun servizo de fotografía profesional para usala no teu CV ou nas redes sociais profesionais.
COMO? 
SEGUE ESTES 5 PASOS! 

1.    Accede como estudantado e rexístrate como candidato/a e/ou asistente a unha ou as dous feiras través de este enlace
2.    Crea o teu perfil
3.    Solicita axuda ao servizo de orientación ou asiste a un dos obradoiros específicos previos á feira para mellorar a túa candidatura (ver programa formativo AQUI).
4.    Inclúe unha copia do teu CV  e videoCV no teu perfil para recibir o código QR coa túa información
5.    Visita a feira e fai chegar a túa candidaturas ás entidades participantes presentando o código xerado!

NOTA.- Os obradoiros previos á feira teñen o obxectivo de axudar ao alumnado a mellorar as súas candidaturas e comezarán o pròximo dia 6 de marzo. NESTE ENLACE podedes ver o programa e datas dos obradoiros que tienen previsto impartir nos campus de Vigo e Ourense.