Máster Oficial en Dirección de PYMES
Prácticas garantizadas
Universidad de Vigo (logo)

Convocatoria INCUVI-Emprende 2017

 Convocatoria INCUVI-Emprende 2017

23/Jan/2017

Xa está aberta a VI edición dos premios INCUVI-EMPRENDE:

PREMIOS

O número total de proxectos premiados corresponderá co número de espazos ofertados nas preincubadoras existentes en cada un dos campus da Universidade de Vigo:

  • Campus de Vigo, 6 espazos
  • Campus de Ourense, 4 espazos
  • Campus de Pontevedra, 2 espazos

O premio consistirá na incorporación a un programa dun ano de duración no que se desenvolverán actividades formativas e de asesoramento e titorización dos proxectos, así como a subvención, durante o mesmo período, dos custos de estadía nun espazo de traballo na preincubadora do campus correspondente. 

PERSOAS DESTINATARIAS

Poderán presentar as súas ideas a concurso:

  1. Estudantes da Universidade de Vigo que estean cursando estudos de primeiro, segundo ou terceiro ciclo, grao ou mestrado.
  2. Persoas tituladas pola Universidade de Vigo no curso 2013/2014 ou posteriores.

Poderán presentarse a concurso iniciativas que desenvolvan proxectos de emprendemento en calquera das ramas de coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade de Vigo.

Os proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de 4 persoas.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 2 de febreiro de 2017.

INSCRICIÓN: https://seix.uvigo.es/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/2248

BASES

As bases da convocatoria están dispoñibles na web http://emprego.uvigo.es/emprego_gl/emprendemento/incuvi/